Maria
''Maria'' (en ) é unha novela sen rematar da escritora británica Mary Wollstonecraft, secuela do seu tratado político revolucionario ''Vindicación dos dereitos da muller'' (1792). William Godwin, o seu esposo, publicou ''Maria'' de xeito póstuma en 1798, e a obra está considerada como a máis radicalmente feminista da autora.A novela, tanto filosófica coma gótica, narra a historia dunha muller internada polo seu marido nun hospital psiquiátrico. Céntrase nos «agravios sufridos pola muller» a nivel social máis ca individual, e critica o que Wollstonecraft consideraba como a institución patriarcal do matrimonio na Gran Bretaña do século XVIII e ao sistema legal que a protexía. Con todo, a incapacidade da protagonista para renunciar ás súas fantasías románticas tamén acusa as mulleres de ser propensas a sumirse nun sentimentalismo falso e daniño. A novela foi pioneira na celebración da sexualidade feminina e na identificación entre mulleres de distintas clases. Devanditas temáticas, xunto coa publicación do escandaloso libro de Godwin titulado ''Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman'' (''Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller''), que tratou sobre a vida de Wollstonecraft, provocaron que a novela non fose popular na época da súa publicación.
As críticas feministas do século XX analizaron a obra e integrárona na historia da novela e do discurso feminista. A meirande parte das veces catalógalla como unha popularización en formato de ficción de ''Vindicación dos dereitos da muller'', como unha extensión dos argumentos feministas de Wollstonecraft en ''Vindicación'' e como unha autobiografía.
Foi traducida ó galego por María Fe González e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2013. Provided by Wikipedia
1
2
3
4
5
6
por Uribe, Maria.
Publicado 2008
Publicado 2008
Libro
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
por Piantanida, Maria.
Publicado 1999
Publicado 1999
Libro
19
20
por Nikolajeva, Maria.
Publicado 1996
Publicado 1996
Libro