Max Weber

Max Weber en 1878. Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

A pesar de ser recoñecido como un dos pais da socioloxía, xunto con Karl Marx, Auguste Comte e Émile Durkheim, Weber nunca se viu a si mesmo como sociólogo, senón como historiador; para el, a socioloxía e a historia eran dúas empresas converxentes. Con todo, sobre o final da súa vida en 1920, escribiu nunha carta ao economista Robert Liefmann: "Se me convertín finalmente en sociólogo (porque tal é oficialmente a miña profesión), é sobre todo para exorcizar a pantasma aínda viva dos conceptos colectivos (...)".

Os seus traballos máis importantes relaciónanse coa socioloxía da relixión e o goberno, pero tamén escribiu moito no campo da economía. A súa obra máis recoñecida é o ensaio ''A ética protestante e o espírito do capitalismo'', que foi o inicio dun traballo sobre a socioloxía da relixión. Pero a recompilación ''Wirtschaft und Gesellschaft'' (en galego, ''Economía e sociedade''), publicada postumamente entre 1921 e 1922, é a suma máis completa e sistemática das súas ideas e conceptos.

Weber argumentou que a relixión foi un dos aspectos máis importantes que influíron no desenvolvemento das culturas occidental e oriental. Noutras das súas obras famosas, '' Wissenschaft als Beruf'' (en galego, ''A ciencia como vocación''), e ''Politik als Beruf'' (en galego, ''A política como vocación''), Weber definiu o Estado como unha entidade que ostenta o monopolio da violencia e os medios de coacción, unha definición que foi fundamental no estudo da ciencia política moderna en Occidente. Provided by Wikipedia
1
por Weber, Max, 1864-1920.
Publicado 2002
Libro
2
por Weber, Max. 1864-1920.
Publicado 1962
Libro
3
por Weber, Max, 1864-1920
Publicado 2005
Libro
4
por Weber, Max, 1864-1920.
Publicado 1968
Libro
5
por Weber, Max, 1864-1920.
Publicado 1962
Libro
6
por Weber, Max, 1864-1920.
Publicado 1947
Libro
7
por Weber, Max, 1864-1920.
Publicado 1988
Libro
8
por Mommsen, Wolfgang J., 1930- .
Publicado 1989
Outros autores: ...Weber, Max, 1864-1920....
Libro